image/svg+xml
Pluriculturalidade
Texto
Pdf
Obxectivos

O obxectivo deste decálogo é difundir entre a comunidade universitaria un material que dea algúns consellos, prácticos e comprensibles, para ser unha persoa lingüisticamente sostible e comprometida coa preservación da biodiversidade lingüística.

Descrición

Pódese ler en alemán, bérber, inglés, catalán, español, francés, esperanto, éuscaro, galego, grego, italiano, xaponés, occitano e na lingua de signos catalá, castelá e internacional.

image/svg+xml
Pluriculturalidade
Xogo
Test
En liña
Obxectivos

Dar a coñecer aos usuarios do xogo a diversidade lingüística, darlles pistas para desfrutar dela e achegarlles de xeito lúdico unha visión aberta da vivencia das linguas e da súa aprendizaxe.

Descrición

O Test de apertura lingüística presenta ao xogador vinte e cinco preguntas con enunciados que debe puntuar entre 0 e 5. O xogador ten un retorno explicativo para cada pregunta e, tras respondelas todas, obtén unha puntuación que indica o seu nivel de apertura ás linguas. Sexa cal for a puntuación obtida, quen participe no xogo pode ler, ao final, un perfil completo da persoa «aberta ás linguas».

image/svg+xml
Pluriculturalidade
Texto
Pdf
Obxectivos

Guía de lectura rápida e enfoque práctico que convida a reflexionar sobre as semellanzas e diferenzas entre culturas e países á hora de vivir e organizarse: as relacións entre profesorado e alumnado, os costumes na mesa, o valor da puntualidade, o espazo que se debe manter nunha conversa, os niveis de ruído ou a linguaxe corporal son algúns dos temas que se tratan.

Descrición

Concibiuse especialmente para estudantes, profesores e persoal de administración e servizos que teñen previsto realizar unha estadía académica nunha universidade estranxeira ou que traballan acotío con persoas de todo o mundo.

Que é unha parella lingüística? Busco unha parella lingüística

O intercambio lingüístico consiste en crear parellas de intercambio de conversa entre un estudante de mobilidade que está a aprender catalán e un estudante catalanfalante que quere practicar outra lingua. A maioría das universidades catalás dispoñen de bolsas de intercambio lingüístico mediante as que poñen en contacto os estudantes en función das linguas que queiran intercambiar. A partir de aquí, son os propios estudantes os que xestionan os seus encontros.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.
 

Onde podo practicar catalán se non vivo en Cataluña?

Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña podes facelo a través da Rede Universitaria de Estudos Cataláns no Exterior ou das comunidades catalás do exterior.

Como podo ser voluntario/a lingüístico/a?

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.