Acollida lingüística

As universidades catalás danche a benvida para que te sintas como na casa. Participa nos seus programas de acollida.

 

Universidade Autónoma de Barcelona

UAB

A UAB ofrece actividades destinadas ao alumnado recén chegado para que coñeza a realidade lingüística e cultural de Cataluña e estea en contacto con estudantes locais. Son actividades que se levan a cabo durante todo o curso académico e que promoven o contacto entre estudantes e o intercambio lingüístico e cultural. Alén diso, organízanse actividades específicas durante as datas significativas como o Sant Jordi ou a Festa Maior da universidade.

Universidade Politécnica de Cataluña

UPC

Ofrecémosche servizos e recursos para que te sintas na casa: información útil sobre a vida en Cataluña, guías sobre o contexto social e cultural, recompilacións para comezares a falar… Todo gratuíto e ao teu alcance con só un clic!

Universidade Pompeu Fabra

UPF

Con este portal de acollida lingüística, a Universidade Pompeu Fabra dáche a benvida como estudante internacional, actual ou futuro, e pon ao teu dispor a información e os recursos necesarios para que poidas familiarizarte en pouco tempo coa nosa lingua, o catalán, e para que tamén saibas todo o que cómpre coñecer sobre a cultura e a sociedade catalás. Benvido, pois, á UPF! 

Universidade de Xirona

UdG

Na Universidade de Xirona, as clases impártense maioritariamente en catalán. Para che axudar a aprender un pouco sobre o noso idioma, uns días antes do comezo das clases podes asistir á acollida inicial, unha combinación de sesións de formación sobre a lingua e a cultura catalás.

Universidade de Lleida

UdL

A UdL pon a disposición dos recén chegados unha serie de recursos para que gocen dunha boa estadía e coñezan a cidade e a lingua e cultura catalás. Para os estudantes, ao comezo de cada semestre organízase unha semana de benvida con actividades para coñecer a contorna e un curso inicial de catalán, unha aprendizaxe que se pode ampliar con cursos de diferentes niveis.

Cómpre destacar o importante papel do voluntariado lingüístico, con membros da comunidade universitaria que acompañan e axudan tanto na aprendizaxe da lingua como no coñecemento do territorio e da cultura catalá.

Tamén existe a posibilidade de practicar o catalán a través da Bolsa de Intercambio Lingüístico (BIL), concibida como punto de encontro e intercambio entre falantes de diferentes idiomas.

Universidade Rovira i Virgili

URV

Na URV ofrecemos unha atención personalizada aos estudantes de mobilidade que queiran aprender catalán, para os orientarmos ao curso que mellor se adapte ás súas necesidades. Tamén organizamos, ao comezo de cada cuadrimestre, eventos de benvida con obradoiros culturais.

Universidade de Vic

UVic

Que podes facer, cando chegas á UVic, para coñecer a lingua e adaptarte rapidamente á vida universitaria?

Se es estudante internacional de intercambio, participa nos Orientation days que se ofertan antes de iniciar cada semestre. E, durante o curso, inscríbete nas actividades culturais.

Se es de fóra de Cataluña, mais estás matriculado na UVic para facer todos os estudos, inscríbete no curso de acollida. Durante quince días aprenderás as nocións básicas do catalán, que che facilitarán a aterraxe. 

Se tes algunha dúbida, mándanos un correo a sl@uvic.cat.

Universidade Internacional de Cataluña

UIC

Ao chegares á UIC Barcelona, podes participar no curso introdutorio de catalán que ofrecemos gratuitamente ao comezo de cada semestre. Ademais, ao longo do curso poderás achegarte á cultura catalá a través das actividades que organizamos con motivo do noso calendario festivo.

Universidade Abat Oliba CEU

UAO

Na UAO CEU, desde o primeiro día encontrarás recursos e actividades de acollida lingüística para che axudar a comprender mellor a realidade lingüística e cultural.

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.

O intercambio lingüístico consiste en crear parellas de intercambio de conversa entre un estudante de mobilidade que está a aprender catalán e un estudante catalanfalante que quere practicar outra lingua. A maioría das universidades catalás dispoñen de bolsas de intercambio lingüístico mediante as que poñen en contacto os estudantes en función das linguas que queiran intercambiar. A partir de aquí, son os propios estudantes os que xestionan os seus encontros.

Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña podes facelo a través da Rede Universitaria de Estudos Cataláns no Exterior ou das comunidades catalás do exterior.

Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.

En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.