Intercat é un conxunto de recursos electrónicos nunha contorna web —materiais didácticos, documentación sociolingüística e información sobre voluntariado lingüístico, entre outros aspectos— para introducirse na lingua e a cultura catalás, pensado especialmente para estudantes de programas de mobilidade que visitan as universidades de Cataluña.
Preguntas frecuentes
Si. Os cursos de catalán virtuais que ofrece Intercat son totalmente gratuítos, excepto a modalidade con titoría de Parla.cat.
Podes aprender catalán mediante os cursos que ofrecen as entidades públicas como as universidades catalás, o Consorcio para a Normalización Lingüística e, se resides fóra de Cataluña, mediante a formación que ofrece o Institut Ramon Llull. Ademais, podes seguir os cursos virtuais gratuítos que ofrece Intercat.
Os cursos virtuais de catalán que ofrece Intercat son totalmente gratuítos, agás a modalidade con titoría da ferramenta Parla.cat. Tamén son gratuítos os cursos de nivel inicial e básico que ofrece o Consorcio para a Normalización Lingüística.
A páxina web de cada universidade informa da oferta formativa sobre cursos de lingua catalá. Podes atopar toda a oferta formativa de cada unha das universidades catalás nesta mesma páxina.
Si, no apartado de recursos de Intercat atoparás cursos virtuais de catalán gratuítos. Podes atopar o curso que máis se adecúe ás túas necesidades utilizando os filtros.
Antes de seguir un curso de catalán podes efectuar unha proba de nivel para saber cal é o que máis se axusta aos teus coñecementos. Solicita información ao servizo lingüístico da túa universidade. Tamén podes coñecer cal é o teu nivel de catalán mediante a proba que atoparás na plataforma de aprendizaxe virtual de catalán Parla.cat (previamente deberás inscribirte na páxina web; esta inscrición é gratuíta). O resultado das probas de nivel é orientador e permitirache coñecer cal é o teu nivel do idioma para acceder aos cursos. Así mesmo, o Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) tamén efectúa unha proba de nivel previa á inscrición a calquera dos seus cursos.
Se resides fóra de Cataluña podes utilizar as ferramentas virtuais de Intercat. A través da formación que ofrece o Institut Ramon Llull podes seguir cursos de catalán presenciais en numerosas universidades de todo o mundo.
O Instituto Ramon Llull convoca periodicamente probas oficiais para a avaliación e a certificación de coñecementos de catalán en distintas cidades do mundo co fin de obter os certificados internacionais de catalán. As probas son de distintos niveis e poden presentarse a elas as persoas maiores de catorce anos no momento de realizalas, de calquera nacionalidade, que queiran acreditar o seu coñecemento de lingua catalá á marxe dos estudos regrados. As probas para a obtención dos certificados de lingua catalá do Institut Ramon Llull son exames libres deseñados para avaliar a competencia lingüística dos candidatos, independentemente do lugar e do método que seguisen para adquirir a lingua.
Os resultados poden consultarse na sede electrónica a partir da data establecida na resolución. As persoas que obteñan o resultado de apto poderán descargar desde a sede electrónica o diploma correspondente.
As universidades catalás convocan exames comúns de coñecementos de lingua catalá e, para iso, coordínanse a través da Comisión Interuniversitaria de Formación e Acreditación Lingüísticas de Cataluña (CIFALC). Outorgan certificados oficiais de lingua catalá aos aprendices dos servicios lingüísticos por medio das convocatorias que permiten acreditar seis niveis de competencia lingüística en catalán: inicial (A1), básico (A2), elemental (B1), intermedio (B2), suficiencia para o persoal docente e investigador (C1) e superior (C2).
A Secretaría de Política Lingüística (SPL) convoca cada ano probas oficiais para acreditar os coñecementos de lingua catalá mediante unha resolución que se publica no Diario Oficial de la Generalitat de Catalunya (DOGC), habitualmente antes de finais de xaneiro. Establécese un período de inscrición a principios de ano e as probas adoitan ter lugar entre os meses de maio e xuño. Na páxina da DXPL aparece toda a información relativa a estas probas.
Para obter máis información sobre os certificados de idiomas, visita esta ligazón.
Se cursaches os teus estudos en Cataluña ou dispós dalgún título, diploma ou certificado de catalán expedido por algún órgano oficial de fóra de Cataluña, consulta a lista de titulacións equivalentes aos certificados de coñecementos de catalán da DXPL.
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) realiza cursos homologados, que permiten obter un certificado equivalente ao da Secretaría de Política Lingüística. Estes cursos chegan ao final de cada nivel de coñecemento do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): básico A2, elemental B1, intermedio B2, suficiencia C1 e superior C2. Nestes cursos, a avaliación é a suma da avaliación de curso (e, por tanto, do seguimento das tarefas propostas polo profesor) mais a nota final da proba de consecución.
Se resides fóra de Cataluña podes consultar as convocatorias de exames oficiais na páxina web do Institut Ramon Llull. Poden presentarse aos exames as persoas maiores de catorce anos no momento de realizalos, de calquera nacionalidade, que queiran acreditar o seu coñecemento de lingua catalá á marxe dos estudos regrados.
A maioría das universidades catalás ofrecen cursos presenciais de catalán e outorgan certificados equivalentes aos oficiais, aínda que non estudes na universidade. Para máis información sobre os cursos, diríxete aos servizos lingüísticos da universidade correspondente.
Os certificados que obterás se segues estes cursos e superas os exames oficiais expídenos as universidades catalás e tramítaos a Comisión Interuniversitaria de Formación e Acreditación Lingüísticas de Cataluña (CIFALC) e están homologados pola Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya.
Se asistiches aos cursos e aprobaches os exames da CIFALC que convocan as universidades catalás podes solicitar o certificado ao servizo lingüístico da universidade onde superaches os exames.
Se cursaches os estudos en Cataluña ou dispós dalgún título, diploma ou certificado de catalán expedido por algún órgano oficial de fóra de Cataluña, consulta a lista de titulacións equivalentes aos certificados de coñecementos de catalán da SPL (Secretaría de Política Lingüística). Aquí atoparás toda a información sobre os requisitos (estudos cursados, centro de impartición, período de realización, etc.) e onde podes solicitar o certificado oficial.
Se superaches os exames oficiais que convoca cada ano a Secretaria de Política Lingüística podes pasar a recoller o diploma nas oficinas da localidade onde realizaches a proba.
Se finalizaches os cursos e aprobaches o exame de final de nivel (básico 3, elemental 3, intermedio 3, suficiencia 3, superior C2) do Consorcio para a Normalización Lingüística recibirás un certificado homologado no correo electrónico que facilitaras.
Se resides fóra de Cataluña, consulta as convocatorias de exames na páxina do Institut Ramon Llull. Poden presentarse aos exames as persoas maiores de catorce anos no momento de realizalos, de calquera nacionalidade, que queiran acreditar o seu coñecemento de lingua catalá á marxe dos estudos regrados.
Os resultados poden consultarse na sede electrónica a partir da data establecida na resolución. As persoas que obteñan o resultado de apto poderán descargar o diploma correspondente.
Podes conseguir modelos de exames oficiais e información detallada sobre os trámites para inscribirte ás probas que convoca a Secretaria de Política Lingüística na páxina web Llengua catalana.
Tamén atoparás modelos de exames na páxina web da Comisión Interuniversitaria de Formación e Acreditación en Lingua Catalá, no apartado dedicado aos certificados da CIFALC.
O Institut Ramon Llull tamén ten publicados modelos de exames na súa páxina web.
Os cursos de Intercat son ferramentas virtuais para aprender catalán dun xeito doado e ao teu ritmo, pero non permiten conseguir automaticamente os certificados oficiais.
As vías para conseguir os certificados oficiais de catalán atoparalas detalladas na páxina Catalán: cursos e certificados.
A Secretaría de Política Lingüística (SPL) convoca cada ano probas oficiais para acreditar os coñecementos de lingua catalá mediante unha resolución que se publica no Diario Oficial de la Generalitat de Catalunya (DOGC), habitualmente antes de finais de xaneiro. Establécese un período de inscrición a principios de ano e as probas adoitan ter lugar entre os meses de maio e xuño. Na páxina da DXPL aparece toda a información relativa a estas probas.
Para obter máis información sobre os certificados de idiomas, visita esta ligazón.
Se cursaches os teus estudos en Cataluña ou dispós dalgún título, diploma ou certificado de catalán expedido por algún órgano oficial de fóra de Cataluña, consulta a lista de titulacións equivalentes aos certificados de coñecementos de catalán da DXPL.
O Consorcio para a Normalización Lingüística (CPNL) realiza cursos homologados, que permiten obter un certificado equivalente ao da Secretaría de Política Lingüística. Estes cursos chegan ao final de cada nivel de coñecemento do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER): básico A2, elemental B1, intermedio B2, suficiencia C1 e superior C2. Nestes cursos, a avaliación é a suma da avaliación de curso (e, por tanto, do seguimento das tarefas propostas polo profesor) mais a nota final da proba de consecución.
Se resides fóra de Cataluña podes consultar as convocatorias de exames oficiais na páxina web do Institut Ramon Llull. Poden presentarse aos exames as persoas maiores de catorce anos no momento de realizalos, de calquera nacionalidade, que queiran acreditar o seu coñecemento de lingua catalá á marxe dos estudos regrados.
Para coñecer se os teus estudos equivalen a algún dos certificados oficiais de catalán, debes consultar a lista de titulacións equivalentes aos certificados de coñecementos de catalán da Secretaría de Política Lingüística.
Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.
En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.
O intercambio lingüístico consiste en crear parellas de intercambio de conversa entre un estudante de mobilidade que está a aprender catalán e un estudante catalanfalante que quere practicar outra lingua. A maioría das universidades catalás dispoñen de bolsas de intercambio lingüístico mediante as que poñen en contacto os estudantes en función das linguas que queiran intercambiar. A partir de aquí, son os propios estudantes os que xestionan os seus encontros.
En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Secretaría de Política Lingüística, como alumno.
Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña podes facelo a través da Rede Universitaria de Estudos Cataláns no Exterior ou das comunidades catalás do exterior.
Se es universitario, cursas ou cursaches algún estudo nalgunha das universidades catalás, podes participar nas diferentes actividades de intercambio ou voluntariado lingüístico que organiza cada universidade.
En caso de non seres universitario, podes participar no programa Voluntariado pola lingua, que organiza a Dirección Xeral de Política Lingüística, como alumno.