Os primeiros contactos
Facilitámosche todos os datos que precisas para ter unha visión detallada deste gran crebacabezas que é Cataluña, unha terra onde a diversidade lingüística e cultural están presentes en cada recuncho.
Descubre como somos os cataláns
Moitas persoas chegan a Cataluña e non coñecen a situación lingüística que atoparán na súa estancia. Descúbreo a través dos materiais que che ofrecemos. Estes teñen como obxectivo que o alumnado estranxeiro que vén estudar a unha universidade catalá coñeza diferentes aspectos sobre os nosos hábitos, a nosa sociedade e a situación lingüística de Cataluña.
Coñece a lingua
O catalán fálase nun territorio de 68.730 km2, repartido entre catro Estados europeos (España, Francia, Andorra e Italia). Cantas das persoas que viven nestes países o utilizan? Atoparás toda a información respecto desta cuestión e sobre onde se fala o catalán, quen o fala, o uso do catalán no ensino, na cultura, no comercio, etc. no apartado O catalán. Coñecemento e uso da páxina web Lingua catalá.
Podes consultar datos actualizados sobre os coñecementos e usos lingüísticos do catalán en distintos ámbitos: poboación, administración, educación, servizos sanitarios e sociais, medios de comunicación, consumo cultural e ámbito dixital, ámbito socioeconómico, territorios de fala catalá e proxección no exterior.
Se che interesa coñecer os datos anuais sobre a situación lingüística en Cataluña, atoparalos nos informes de política lingüística da DGPL.
O catalán na universidadeÁbrete ao mundo
Nas universidades catalás entrarás en contacto con persoas doutros lugares. Pensaches algunha vez nas diferenzas culturais á hora de convivir e organizarte? Neste apartado atoparás ferramentas para xestionar a diversidade cultural que te poden axudar a te relacionares eficazmente con persoas doutras culturas e países.