Accesibilidade
Esta web está deseñada e desenvolvida seguindo as recomendacións adoptadas polo Consorcio World Wide Web (W3C), que están enfocadas a garantir o dereito de calquera persoa a acceder plenamente á información e á comunicación. En especial, púxose esmero en adoptar medidas para atender as persoas con algún tipo de diversidade funcional para que poidan acceder á información en igualdade de condicións, con independencia das súas circunstancias persoais.
Pautas de accesibilidade
- Utilización de código XHTML, que permite crear documentos estándar e unha estrutura limpa.
- Posicionamento do contido mediante CSS e sen táboas. Estruturación semántica do código. Os lectores de pantalla para persoas con diminución visual e invidentes len o documento dunha forma lóxica.
- Descricións alternativas das imaxes.
- O uso de JavaScript é unha posibilidade, non unha necesidade. Ofrécese sempre unha alternativa aos usuarios que teñan JavaScript desactivado ou en versións antigas sen soporte de DOM.
Navegar sen utilizar o rato: atallos de teclado
Si necesitas aumentar o tamaño de letra, podes utilizar as ferramentas do navegador. Se premes a tecla Ctrl e a tecla + do teclado numérico, ampliarase o tamaño do contido que ves en pantalla. Podes facelo tantas veces como necesites. Se premes a tecla Ctrl e a tecla - do teclado numérico, reducirase o tamaño do contido que ves en pantalla. Se desexas volver á versión orixinal, preme a tecla Ctrl e o número 0. En resumo:
- Ctrl e "+": aumenta o tamaño do contido
- Ctrl e "-": reduce o tamaño do contido
- Ctrl e 0: volve o contido ao tamaño orixinal
Aparte das utilidades propias do navegador, a web de Intercat pon á túa disposición unha serie de combinacións de teclas para facilitar a navegación polos contidos máis frecuentes sen ter que usar o rato. Rapidez, comodidade e accesibilidade para persoas con dificultades de visión e dificultades motrices son algunhas das vantaxes destas instrucións do teclado.
Para usar as combinacións de teclas, terás que utilizar unha tecla ou outra dependendo do teu navegador e sistema operativo:
- Chrome en Windows: Alt
- Chrome en Mac: Ctrl y Opt (⌥)
- Chrome en Linux (Ubuntu): Alt
- Firefox: Alt e Maiús (⇧)
- Internet Explorer / Edge: Alt
Ademais da tecla correspondente segundo o teu navegador e sistema operativo, terás que utilizar as seguintes teclas para acceder ás diferentes ferramentas de navegación e apartados clave:
- a: páxina sobre accesibilidade
- b: mapa do sitio web
- c: acceso directo ao contido principal de cada páxina
- h: páxina de inicio
- i: acceso directo ao selector de lingua e, a continuación, utiliza Tab (↹) para seleccionar a lingua que desexes
- l: aviso legal
- n: acceso directo ao menú principal e, a continuación, utiliza Tab (↹) para navegar polo menú
- o: contacto
- p: preguntas frecuentes
- r: recursos
- u: cursos
Ligazóns
A fin de que o usuario poida escanear as ligazóns da páxina, procurouse que estes teñan sentido fóra de contexto.
As ligazóns a ventás novas restrinxíronse a ligazóns externas e a ligazóns a documentos. Esas ligazóns só se abrirán nunha ventá nova se se dispón de JavaScript habilitado. En caso contrario, a ligazón abrirase na mesma ventá.
Deseño visual
A folla de estilos da web de Intercat deseñouse tendo en conta as recomendacións sobre accesibilidade no que respecta ao contraste de cor e cumpre as pautas de accesibilidade AA en canto á color. Non obstante, se utilizas Opera ou Firefox atoparás combinacións de cor alternativas mediante o menú Ver, dentro da opción Estilo da páxina.