Facilitámosche todos os datos que necesitas para ter unha visión detallada deste gran crebacabezas que é Cataluña, unha terra onde a diversidade lingüística e cultural están presentes en cada recuncho. Tamén queremos descubrirche toda a oferta de lecer do país e as festas populares máis destacadas.
Non perdas absolutamente nada!
Como somos os cataláns? Somos tan serios e traballadores como din? É certo que non temos sentido do humor?
Os cataláns falamos sempre e en todas partes en catalán? Nas universidades as clases son en catalán? Sabes en que outros países se fala a nosa lingua?
Nas universidades catalás estarás en contacto con persoas doutros lugares do mundo. Pensaches algunha vez nas diferenzas culturais á hora de convivir e organizarse?