Gisele Vega Salas
Perú

Intercat é un conxunto de recursos electrónicos para aprender a lingua e a cultura catalás, especialmente pensado para estudantes de mobilidade que visitan as universidades catalás.

Dos 13,5 millóns de persoas que viven no ámbito lingüístico catalán, máis de 9 millóns falan esta lingua e 11 enténdena.
Intercat é un conxunto de recursos electrónicos nunha contorna web —materiais didácticos, documentación sociolingüística e información sobre voluntariado lingüístico, entre outros aspectos— para introducirse na lingua e a cultura catalás, pensado especialmente para estudantes de programas de mobilidade que visitan as universidades de Cataluña.
Contén tres apartados diferenciados:
Esta plataforma multimedia creouse no ano 1999 como unha iniciativa dos servizos lingüísticos de nove universidades catalás e da Oficina de Política Lingüística, e foi cofinanciada pola Unión Europea, o Departamento de Universidades, Investigación e Sociedade da Información e as universidades públicas catalás. A partir do ano 2007, foi o Secretaría de Universidades e Investigación do Departamento de Economía e Coñecemento o que se fixo cargo da actualización e o mantemento deste portal.


Perú