Esta guía ten como obxectivo dar a coñecer ás persoas que veñen a unha universidade de Cataluña distintos aspectos sobre os hábitos e o funcionamento da sociedade catalá: como se saúda a unha persoa que se acaba de coñecer, cando convén falar a alguén de ti ou de vostede, como debemos actuar cando nos invitan a cear...
- Guia de peto (809 KB) (Versión en catalán)
- Guia de peto (809 KB) (Versión en castelán)
Sabías que...?
- En catalán, as horas exprésanse en cuartos.
- En San Xoán celébrase o solsticio de verán, con fogueiras na rúa e fogos artificiais.
- Na festividade de Sant Jordi, os pobos e cidades énchense de postos de libros e de rosas.
- En Cataluña, o alumnado adoita ter entre oitenta e cen días de vacacións ao ano.
- En Cataluña, as principais linguas de comunicación son o catalán e o castelán.
- O 74,5 % da poboación de Cataluña fala catalán e o 94,5 % enténdeo.
- O catalán é a lingua utilizada pola Administración pública.



