Ciclo de conferencias sobre distintos aspectos da vida de Cataluña, coas respectivas notas explicativas para os conferenciantes. Cada vez que se ofrece o ciclo escóllense seis das doce conferencias dispoñibles, segundo os intereses do público ou dos organizadores:
- O sistema político catalán
- Maria del Mar Bonet, corenta anos de poesía e canción
- Republicanos cataláns nos campos de exterminio nazis
- Os xudeus en Cataluña
- Os outros cataláns
- O delta do Ebro
- Monumentos prehistóricos de Cataluña
- A colonia Güell
- O Val de Boí
- A Garrotxa, terra de volcáns
- O Gran Teatro do Liceo
- Servizos lingüísticos
Obxectivos
- Ofrecer información sobre lugares de Cataluña, feitos históricos e aspectos da vida social e cultural que poidan interesar aos estudantes que veñen de fóra de Cataluña.
- Ampliar a visión que os estudantes teñen de Barcelona e de Cataluña. Motivalos para que visiten determinados lugares e que amplíen o coñecemento do lugar onde estudan.
- Animar aos participantes para que utilicen todos os medios posibles para entender a conferencia: o discurso do conferenciante, a palabra escrita, a ilustración, os coñecementos previos sobre o tema ou, mesmo, as suposicións. Intentar que consigan unha comprensión global.
- Facer que os estudantes practiquen a comprensión en catalán dun tipo de discurso expositivo e narrativo similar ao que se poden atopar nas clases das súas facultades.
- Mellorar as posibilidades de entender e falar catalán dos estudantes grazas a un mellor coñecemento da contorna. Canto máis saiban de todo o que forma parte do coñecemento compartido dos cataláns, máis poderán avanzar no estudo da lingua.
- Demostrar que, eliminadas determinadas barreiras, hai unha certa intercomprensión entre as linguas románicas.







