Maria Raquel Lopes Ramos
Portugal

Intercat é un conxunto de recursos electrónicos para aprender a lingua e a cultura catalás, especialmente pensado para estudantes de mobilidade que visitan as universidades catalás.

Aproximadamente o 60% das clases das universidades catalás é en catalán. A lingua en que se imparte cada materia é unha información pública que aparece nas guías docentes.
O catalán é a lingua de uso normal na actividade docente e administrativa das universidades catalás. Os estatutos das universidades recoñecen o catalán como lingua propia, e acollen a lingua española en convivencia coa catalá en plena igualdade de dereitos para a comunidade universitaria.
O persoal académico e o alumnado teñen o dereito de expresarse, en calquera situación docente, na lingua oficial que prefiran.
Para os estudantes de fóra do ámbito lingüístico catalán, a aprendizaxe da lingua catalá é moito máis sinxela ca o coñecemento previo doutra lingua románica. En todas as universidades ofrécese unha formación gratuíta ou subvencionada, a miúdo antes do período académico, que posibilita que se poida entender a lingua das clases, da universidade e, en definitiva, da cidade. Non se pide que falen en catalán, senón que o poidan entender.
Aproximadamente, o 60 % de las clases das nosas universidades danse en catalán. A lingua na que se imparte cada materia é unha información pública que adoita aparecer nas guías docentes. Na maioría de universidades, non existen dúas liñas unha en catalán e outra en castelán para os estudantes de mobilidade, senón que conviven estudantes cataláns con estudantes foráneos, o que representa un enriquecemento para todos.
Así mesmo, as universidades ofrecen cursos de español para estranxeiros, pero non sempre é unha formación gratuíta ou subvencionada. Constátase cada vez máis que os estudantes que chegan a Cataluña xa teñen coñecementos suficientes de lingua española e, en calquera caso, pódena perfeccionar. En cambio, poden aproveitar a estancia para iniciarse no coñecemento da lingua catalá.
Vale a pena aproveitar os programas de acollida que hai en todas as universidades, que inclúen festas de benvida, a posibilidade de ter unha parella lingüística con quen practicar a lingua que se aprende, ou a oportunidade de participar en saídas culturais.
Se non che queres perder a vida social e cultural das nosas cidades, irache ben aprender catalán, porque enseguida sentirás que formas parte da comunidade e poderás participar en numerosas actividades que se programan. Unha vez aprendas un pouco de catalán, terás numerosas oportunidades de practicalo, dentro e fóra da universidade.


Portugal