Se queres estar en contacto co catalán desde fóra de Cataluña, podes facelo a través dos lectorados de catalán ou dos casals (centros) cataláns que hai en todo o mundo.
Lectorados de catalán
O Instituto Ramon Llull promove o ensino da lingua, a literatura e a cultura catalás nas universidades e outros centros de estudos superiores de fóra do dominio lingüístico, especialmente a través do impulso e o apoio á rede de lectorados, e da creación de cátedras e outros estudos permanentes de lingua e cultura catalás. Outorga axudas a asociacións ou entidades de fóra do dominio lingüístico para a organización de cursos de catalán e, ademais, ten unha convocatoria de bolsas para estudantes de catalán de fóra do dominio lingüístico.
Na actualidade, existen 93 lectorados de catalán que acollen a 4.006 alumnos de todo o mundo.
Consulta o mapa de lectorados de catalán nas universidades estranxeiras.
Casals cataláns
Na actualidade hai máis dun cento de casals cataláns en preto de corenta países. Estas entidades teñen como obxectivo, entre outros, a promoción de Cataluña entre a sociedade civil e o apoio ás persoas catalás residentes no exterior de Cataluña. Algúns casals e centros cataláns tamén ofrecen cursos de lingua catalá ou a posibilidade de obter información sobre o catalán e materiais de aprendizaxe.
Consulta os enderezos dos casals cataláns de todo o mundo.





