Tes algunha dúbida ou suxestión?
Queres explicarnos a túa experiencia?

Contacta connosco

Sabías que...?

A maioría de universidades teñen documentos informativos sobre a súa realidade sociolingüística en Internet.

Accesibilidade

Renovamos a páxina de Intercat para facela máis accesible, seguindo as recomendacións adoptadas polo Consorcio World Wide Web (W3C) para eliminar as barreiras que impiden o dereito de calquera persoa a acceder á información e a comunicación.

XHTML 1.0 Transitional - Válido   CSS - Válido

Pautas de accesibilidade

  • Utilización do código XHTML, que permite crear documentos estándar e unha estrutura limpa.
  • Colocación do contido mediante CSS e sen táboas. Estruturación semántica do código. Os lectores de pantalla para persoas con diminución visual e invidentes len o documento dunha forma lóxica.
  • O tamaño da letra e as cores pódense modificar coas ferramentas do navegador para adaptalos a persoas con dificultades visuais.
  • Descricións alternativas das imaxes.
  • O uso de JavaScript é unha posibilidade, non unha necesidade. Sempre se ofrece unha alternativa aos usuarios que teñan JavaScript desactivado ou versións antigas sen soporte DOM.

A continuación explicámosche as melloras de accesibilidade que se introduciron.

Como se pode navegar sen utilizar o rato? Atallos de teclado

Definíronse unha serie de combinacións de teclas para facilitar a navegación polos contidos máis comúns sen necesidade de utilizar o rato. Rapidez, comodidade e accesibilidade para persoas con dificultades de visión e dificultades motoras son algunhas das vantaxes destas instrucións do teclado.

As opcións definidas combínanse con outras teclas, en función do navegador:

  • 0: Acceso á páxina sobre accesibilidade
  • 1: Acceso á páxina principal da web
  • 2: Acceso directo ao contido da páxina
  • 5: Acceso ao mapa web
  • 9: Acceso á páxina de contacto

Todas as páxinas teñen enlaces rel=previous, next, up e home para axudar á navegación nos navegadores de só texto. Os usuarios de Netscape 6 e Mozilla tamén poden aproveitar esta característica seleccionando, no menú Visualización, Mostrar/esconder, Barra de navegación do site, Mostrar cando sexa necesario ou Mostrar sempre.

Ligazóns

A fin de que o usuario poida escanear as ligazóns da páxina, procurouse que estas teñan sentido fóra de contexto.

As ligazóns a fiestras novas restrinxíronse a ligazóns externas e a ligazóns a documentos. Estas ligazóns indícanse con «Abrir a ligazón nunha nova fiestra". As ligazóns así marcadas só se abrirán nunha nova fiestra se se dispón de JavaScript habilitado. En caso contrario, a ligazón abrirase na mesma fiestra.

Deseño visual

Esta web dispón de varias follas de estilo que permiten ao usuario escoller a combinación de cores que máis lle conveña, e o tamaño de letra e a disposición en pantalla que sexan máis adecuados á súa visión.

Para modificar o tamaño de letra, lembra que podes facelo a través do menú «Visualiza", dentro da opción «Tamaño do texto". Tamén podes facelo desde esta mesma páxina de preferencias:

Se utilizas Opera ou Firefox, atoparás combinacións de cor alternativas a través do menú Visualiza, dentro da opción Estilo da páxina. Se non, tamén podes activar estas follas de estilo a través dos seguintes enlaces:

Se tes problemas de campo de visión, podes escoller ver a web nunha soa columna:

Sabes que é...?

Correfoc

Xogo de rúa en que a multitude corre para esquivar os fogos artificiais de dragóns, de diaños e doutros personaxes fantásticos.

Glosario

Testemuños

Elvira

Zaragoza

«Para abrir o meu ouvido e o meu sentimento, máis aló das palabras. Para entender que é e que non é un país ou unha fronteira. E, sobre todo, para gozar.»

Intercambio lingüístico