Queres aprender catalán?

Queres aprender catalán? Pómoscho moi doado! Co teu esforzo e a nosa axuda, conseguiralo. Pomos ao teu alcance toda unha serie de cursos, guías e actividades que che permitirán lograr este obxectivo.

Ademais, aquí informarémoste sobre como conseguir o teu certificado oficial de lingua catalá e cales son os recursos existentes para manter o contacto co catalán desde fóra de Cataluña.

Xa non tes escusa. Fala catalán!

  • Guías de conversa

    Guías de conversa

    Nivel: Inicial

    Obxectivos: Axudar nos primeiros contactos e facilitar as relacións persoais.

    Competencias: Comprensión da lingua.

    Modalidade: En liña ou en soporte papel.

    máis información

  • Speakcat

    Speakcat

    Nivel: Básico - Elemental

    Obxectivos: Descubrir a gramática e o vocabulario básicos da lingua catalá e aspectos prácticos da vida cotiá universitaria.

    Competencias: Comprensión da lingua.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • TextOral

    TextOral

    Nivel: Inicial

    Competencias: Comprensión oral e escrita.

    Modalidade: Presencial.

    máis información

  • Programa Gràcies. Iniciación ao catalán

    Programa Gràcies. Iniciación ao catalán

    Nivel: Inicial

    Competencias: Comprensión oral e escrita.

    Modalidade: Presencial.

    máis información

  • Romanica Intercom

    Romanica Intercom

    Nivel: Adquisición do nivel A1 de comprensión oral e entre o B1 e o B2 de comprensión escrita.

    Obxectivos: Lograr autonomía na lectura de textos xerais en portugués, español, catalán, italiano e francés nun período de tempo bastante curto, entre trinta e corenta horas, desenvolvendo estratexias de lectura que nos permitirán un uso áxil das pasarelas lingüísticas que nos ofrecen as linguas románicas.

    Competencias: Comprensión lectora de catro linguas románicas.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • FontdelCat

    FontdelCat

    Nivel: Básico

    Obxectivos: Acceder á comprensión do catalán falado e escrito.

    Competencias: Comprensión do catalán falado e escrito.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • Argumenta

    Argumenta

    Nivel: Suficiencia - Superior - Intermedio

    Obxectivos: Mellorar as competencias lingüísticas e comunicativas no ámbito académico e profesional. A maioría dos contidos de Argumenta son aplicables ao catalán, pero tamén a outras linguas.

    Competencias: Produción de todo tipo de textos orais e escritos formais propios do ámbito universitario, e consecución dun grao óptimo de competencia en calquera situación comunicativa.

    Modalidade: En liña.

    máis información

  • Parla.cat

    Parla.cat

    Nivel: Básico - Elemental - Intermedio - Suficiencia

    Obxectivos: Difundir recursos, ferramentas e materiais didácticos relacionados co ensino e a aprendizaxe da lingua catalá.

    Competencias: Desde comprender textos sinxelos e escribir textos breves utilizando un léxico básico, até entender textos argumentativos de distintos ámbitos e textos orais de ficción, expor oralmente argumentos en situacións formais e redactar correctamente textos argumentativos coherentes, ben cohesionados e adecuados á situación comunicativa.

    Modalidade: Libre: Permite a aprendizaxe totalmente autónoma, xa que os materiais son de libre acceso.
    Con titoría: Conta co apoio dun titor ou titora e é de pago.

    máis información

  • Paraules.cat

    Paraules.cat

    Nivel: Básico - Elemental

    Obxectivos: Enriquecer o vocabulario.

    Competencias: Comprensión da lingua.

    Modalidade: En liña

    máis información

  • Class-Talk UPC

    <em>Class-Talk UPC</em>

    Nivel: Intermedio

    Obxectivos: Facilitar a comprensión da fraseoloxía de uso habitual na aula universitaria en catalán, castelán e inglés.

    Competencias: Comprensión e produción de frases orais e escritas propias do ámbito docente.

    Modalidade: En liña.

    máis información

Sabes que é...?

Esqueixada

Ensalada feita con bacallau ou atún esmigallados, leituga, tomate, olivas, etc.

Glosario

Testemuños

Margori Amaro

Venezuela

«Gústame moitísimo aprender catalán para integrarme na sociedade de Cataluña e, ademais, facilítame poder falar cos meus veciños e amigos. Fago un máster en Telecomunicación e gustaríame moito defender o meu proxecto final en catalán, non só porque é un reto para min, senón porque me gusta moito este idioma e relacionarme cos cataláns na súa lingua.»

Intercambio lingüístico