Parla.cat
Espazo que ofrece unha proposta formativa que se organiza en catro niveis e dúas modalidades de aprendizaxe. Pódense atopar vídeos, audios, xogos, actividades con animación... Ofrece, ademais, un glosario, transcricións, asistentes e un espazo de contido lúdico e cultural. Unha vez finalizados os cursos de Parla.cat, o alumnado lograría os coñecementos necesarios para optar ás probas oficiais da Secretaría de Política Lingüística que se organizan de forma presencial.
URL: http://www.parla.cat
Nivel: Básico - Elemental - Intermedio - Suficiencia
Obxectivos: Difundir recursos, ferramentas e materiais didácticos relacionados co ensino e a aprendizaxe da lingua catalá.Destinatarios: Dirixido a persoas que se dedican ao ensino da lingua catalá e a toda persoa interesada en aprender o idioma.
Competencias: Desde comprender textos sinxelos e escribir textos breves utilizando un léxico básico, até entender textos argumentativos de distintos ámbitos e textos orais de ficción, expor oralmente argumentos en situacións formais e redactar correctamente textos argumentativos coherentes, ben cohesionados e adecuados á situación comunicativa.
Modalidade: Libre: Permite a aprendizaxe totalmente autónoma, xa que os materiais son de libre acceso.
Con titoría: Conta co apoio dun titor ou titora e é de pago.





